interruptor -ra

interruptor -ra
Plural: interruptores Masculino: interruptor Masculino plural: interruptores Feminino: interruptora Feminino plural: interruptoras
  1. adx

    Aplícase ao que interrompe.

    1. s

      Aparato que se emprega para interromper, abrir e pechar, un circuíto eléctrico, que consta de dous contactos ou máis que poden conectarse e desconectarse mediante un dispositivo mecánico adecuado.

    2. interruptor automático

      Interruptor que abre un circuíto nunhas condicións predeterminadas, como pode ser tomando unha corrente ou unha tensión un valor máximo ou mínimo. OBS: Tamén se denomina disxuntores.

    3. interruptor de boia

      Interruptor que se acciona por un mecanismo asociado a un flotador que se coloca sobre a superficie dun líquido de tal xeito que, segundo o nivel deste, abre ou pecha o contacto.

    4. interruptor diferencial

      Interruptor automático que funciona ao producirse unha diferenza de intensidade determinada entre dúas pólas dun circuíto.

    5. interruptor electrónico

      Dispositivo electrónico que pode ser utilizado como interruptor.

    6. interruptor horario

      Interruptor que abre e pecha a unhas horas determinadas, establecidas á vontade.

    7. interruptor magnetotérmico

      Interruptor automático con dous sistemas de desconexión, un térmico, que actúa no caso de sobreintensidades pequenas nun período longo de tempo, e outro magnético, que reacciona con correntes grandes nun período curto de tempo.