interrogación

interrogación

lat interrogatĭōne

Plural: interrogacións
  1. s f
    1. Acción e efecto de interrogar.

    2. [LIT ]

      Figura retórica que consiste en enunciar unha afirmación interrogativamente, cunha intención enfática.

  2. s f [LING ]

    Signo de puntuación (?) que se emprega ao final do enunciado para sinalar unha pregunta. OBS: É de uso obrigatorio ao final do enunciado, pero tamén se poderá usar ao inicio (¿) para facilitar a lectura e evitar ambigüidades.

Sinónimos