intensidade

intensidade

intenso

Plural: intensidades
  1. s f

    Calidade de intenso.

    1. s [FÍS ]

      Magnitude dunha forza, dun fenómeno da enerxía, a miúdo por unidade de superficie, de volume ou de tempo.

    2. intensidade de campo eléctrico [E] / [TECNOL/FÍS ]

      ector, nun campo eléctrico, de magnitude igual ao cociente entre a forza exercida sobre unha carga eléctrica e esta carga, que é da mesma dirección e o mesmo sentido ca a forza. A unidade no SI é o volt/metro.

    3. intensidade de campo magnético [H] [FÍS ]

      ector, nun campo magnético, de magnitude igual ao cociente entre a indución magnética e a permeabilidade, que é da mesma dirección e o mesmo sentido ca a indución magnética. A unidade no SI é o ampere/metro.

    4. intensidade de corrente eléctrica [I] / [TECNOL/FÍS ]

      Magnitude que expresa o valor dunha corrente eléctrica, que é a cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo. A unidade no SI é o ampere.

    5. intensidade enérxica/radiante

      Cociente entre o fluxo enérxico emitido nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido.

    6. intensidade luminosa [I] [FÍS ]

      Cociente entre o fluxo luminoso que se emite por unha fonte luminosa nun ángulo sólido sobre unha dirección determinada, e este ángulo sólido. A unidade no SI é a candela.

    7. intensidade sonora/acústica [FÍS ]

      Cantidade de enerxía sonora presente nun punto determinado, referida á unidade de superficie e nunha dirección determinada. A unidade de medida é o W/m 2 ou o W/cm 2 .

  2. s f [LING ]

    Factor acústico que depende, fisicamente, da amplitude da onda sonora e que algunhas linguas consideran un trazo fonoloxicamente distintivo.

  3. s f [FILOS ]

    Magnitude da calidade ou grao no que un suxeito participa dun modo de ser.