insuficiencia
lat insuffitientĭa
-
s
f
Calidade de insuficiente.
-
s
f
Falta de suficiencia ou de intelixencia.
-
-
s
Estado de inferioridade fisiolóxica dun órgano ou dunha glándula, incapaces de cumprir integramente as súas funcións.
-
insuficiencia cardíaca
Diminución da capacidade funcional do corazón cando non chega a asegurar as necesidades de circulación de todas as partes do organismo, que pode ser esquerda, se falla este ventrículo, e global ou conxestiva, se ambos os dous ventrículos son insuficientes. OBS: Tamén se denomina miocardia.
-
insuficiencia circulatoria
Estado do organismo no que é imposible manter o volume sanguíneo necesario para cubrir as necesidades circulatorias dos órganos e dos tecidos.
-
insuficiencia hepática
Incapacidade do fígado para levar a cabo as súas funcións.
-
insuficiencia pulmonar
Afección rara que se produce pola oclusión incompleta dos sigmoides pulmonares na diástole ventricular.
-
insuficiencia renal
Estado en que os riles están imposibilitados, nun grao máis ou menos elevado, para cumprir as súas funcións específicas.
-
insuficiencia respiratoria
Fallo da función pulmonar que non pode proporcionar un recambio normal dos gases.
-
insuficiencia suprarrenal
Enfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Addison.
-
insuficiencia tiroide
hipotiroidismo.
-
s
Sinónimos
Citas
- A insuficiencia dese autor quedou demostrada no seu último libro
- As insuficiencias do centro provocaron novas denuncias
Refranes
- Para mancha grande non hai xabrón que abaste.
- Un carro non anda cunha roda soa.
- Un só pau non fai sebe.
- Unba besta non fai feira.
- Unha andoriña soa non fai verán.