instrumentación

instrumentación

instrumentar

Plural: instrumentacións
  1. s f [MÚS ]

    Arte de distribuír o material sonoro dunha obra musical entre os diferentes instrumentos que a teñen que interpretar, de acordo coa capacidade de cada un para reproducir a idea musical do autor.

  2. s f [TECNOL ]

    Rama da enxeñaría que estuda a construción e utilización de instrumentos, ou sistemas de instrumentos, especialmente os de medida, para detectar, observar, medir e controlar fenómenos físicos e para rexistrar, procesar e comunicar os datos correspondentes a estes fenómenos.

  3. instrumentación aeronáutica [AERON ]

    Conxunto de instrumentos dunha aeronave que indican, en cada momento, o estado e a evolución do aparato.