insistencia

insistencia

lat insistentĭa, p pres de insistĕre

Plural: insistencias
  1. s f

    Acción de insistir.

  2. s f

    Calidade de quen insiste ou repite algo constantemente.

Confrontaciones

persistencia

Citas

  • A súa insistencia desesperouno
  • Repetiron as mesmas ideas con insistencia

Refranes

  • A pedra é dura e a pingueira miúda mais, caíndo a cotío, fai cavadura.
  • Ata sete ¡Tira, Pepe!, de sete para arriba ¡Tira,. Pepe, tira!
  • Canto mais retesíes, máis tempo perdes.
  • Dos porfiados nacen os avisados.
  • Grolo a grolo baléirase o xerro.
  • O moito asoprar, o lume acende.
  • O moito preguntar chega a enfadar.
  • O moito remexer tamén dá que facer.
  • O que sabe porfiar algunha vez o ha lograr.
  • Onde non pode mete-la cabeza, o diaño mete o rabo.
  • Pobre que moito pedicha sempre gaña algún codelo.
  • Quen furga e se amaña, ata das pedras saca.
  • Tanto dá a auga na pedra, que a pedra creba.
  • Tanto pica a pega no trobisco, que creba o pico.