insecto
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos insectos.
-
s
Artrópodo da clase dos insectos.
-
s
Clase de artrópodos que teñen o corpo segmentado, dividido en cabeza, tórax e abdome, tres pares de patas e dous pares de ás, que presentan metamorfose durante o seu desenvolvemento. A cabeza está formada por seis segmentos cubertos pola cápsula cefálica, un par de antenas e o aparato bucal. O tórax está dividido en protórax, mesotórax, no que se insire un par de patas, e metatórax, no que poden ir un par de ás nervadas. É o grupo máis abundante e cosmopolita do reino animal.
-
adx
-
insecto folla
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto, da orde dos fásmidos, que se caracteriza por ter o corpo achaiado, de cor verde, con forma de folla e con expansións laminares.
-
insecto pau
[ANIMAL/ENTOM ]
Insecto da orde dos fásmidos, co corpo áptero, delgado, alongado e cilíndrico, que presenta homocromía; é esencialmente nocturno e queda completamente inmóbil durante o día.