inscrición
inscrición
lat inscriptiōne
-
s
f
Acción de inscribir ou inscribirse.
-
s
f
[ARQUEOL ]
Texto breve escrito ou gravado sobre calquera tipo de superficie en lembranza dunha persoa ou feito importante.
-
s
f
[ARQUIV ]
Fórmula na que se expresaba o nome do destinatario nun documento.
-
s
f
[DER ]
Asento principal practicado nun rexistro.
-
inscrición marítima
[DER ]
Rexistro creado polas autoridades marítimas españolas para substituír a matrícula de mar (1873) no que deben inscribirse todas as persoas que se dediquen á navegación ou ás industrias relacionadas co mar.
Citas
- Despois da súa inscrición nas listas á candidatura variou o discurso