amoníaco

amoníaco

lat ammoniăcu gr ἀ μμωνιαός ‘do país do deus exipcio Ammón, Xúpiter, en Libia’

Plural: amoníacos
  1. s m [QUÍM ]

    Gas incoloro, máis lixeiro ca o aire, composto de nitróxeno e hidróxeno, que se emprega na fabricación de fertilizantes nitroxenados e como cáustico nas picaduras e mordeduras de animais velenosos.

  2. goma de amoníaco [QUÍM ]

    Goma de resina exsudada polo Dorema ammoniacum e probablemente por outras umbelíferas, que se utiliza en adhesivos para a porcelana.

  3. sal amoníaco [QUÍM ]

    cloruro de amonio.