iniciativa

iniciativa

lat initiātu, p pas de initiāre

Plural: iniciativas
  1. s f

    Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.

  2. s f

    Acción de quen propón ou fai algo antes que os demais.

  3. s f

    Calidade ou capacidade de quen decide ou emprende algo con decisión.

  4. iniciativa lexislativa [POLÍT ]

    Potestade para formular unha lei que consiste na presentación ao Parlamento dun texto articulado con prescricións normativas.

Citas

  • Houbo moitas iniciativas para axudar os afectados
  • Son xente sen iniciativa que lle gusta que lle dean todo feito
  • Tomou a iniciativa á hora de defender os dereitos veciñais