inhibición

inhibición

lat inhibitĭōne

Plural: inhibicións
  1. s f

    Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

  2. s f [BIOL/PAT ]

    Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

  3. s f
    1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable, un órgano ou un centro nervioso, debido a unha causa física ou mental.

    2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

  4. inhibición encimática [BIOQ ]

    Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un encima, de maneira que non lle permite actuar.