infravermello -lla

infravermello -lla

infra- + vermello

Plural: infravermellos Masculino: infravermello Masculino plural: infravermellos Feminino: infravermellla Feminino plural: infravermelllas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos raios infravermellos.

  2. s m [FÍS ]

    Rexión do espectro electromagnético que comprende o intervalo que vai desde a luz visible ata as microondas.

  3. s m [IND/ARTE ]

    Banda de lonxitudes de onda que van máis alá do extremo vermello do espectro. Resultan invisibles para o ollo e só poden ser rexistradas cunha película fotográfica especial.

  4. raios infravermellos [FÍS ]

    Radiación electromagnética que pertence ao espectro infravermello, e se caracteriza por ser portadora de calor radiante, e ser emitida por calquera obxecto a temperatura superior ao cero absoluto. Emprégase polos seus efectos caloríficos, e tamén en fotografía e en sistemas de guía e detección.