informe

informe

informar

Plural: informes
  1. s m

    Descrición ou exposición oral ou escrita na que se achegan datos ou valoracións sobre un tema, unha entidade ou unha persoa.

  2. s m [DER ]

    Exposición oral que fai o letrado ou o fiscal diante do tribunal que debe resolver unha cuestión.

  3. s m pl

    Conxunto de informacións ou datos sobre unha persoa ou cousa.

Sinónimos

Confrontaciones

memoria

Citas

  • Pediron informes sobre os candidatos, Os seus informes non son bos abondo para este cargo
  • Un informe de prestixiosos científicos confirman o aumento da chuvia ácida