infinito -ta
infinito -ta
Plural:
infinitos
Masculino:
infinito
Masculino plural:
infinitos
Feminino:
infinita
Feminino plural:
infinitas
-
adx
Que non ten fin ou límite.
-
adx
Que non se pode medir ou contar por ser moi numeroso.
-
adx
[FILOS ]
Que non ten límite na súa propia perfección. Tm s, referido a ser.
-
adx
[MAT ]
Aplícase ao conxunto que se pode poñer en correspondencia bixectiva cun subconxunto estrito seu.
-
adx
[MAT ]
Aplícase ao valor máis grande ca calquera outro que se poida dar.
-
adx
[LING ]
Aplícase ao conxunto de formas do verbo que, ordinariamente, carecen de categoría e persoa gramatical, o infinitivo, xerundio e participio.
-
s
m
Aquilo que non ten límite nin no espazo nin no tempo, especialmente o espazo ilimitado.