indutancia

indutancia
Plural: indutancias
  1. s f [FÍS ]

    Propiedade dun circuíto eléctrico en virtude da que se produce unha fem por indución.

    1. s

      Magnitude que expresa esta propiedade.

    2. indutancia mutua [M]

      Relación entre o fluxo magnético que se produce nun circuíto a causa da corrente que circula por outro próximo e esta corrente. A unidade de medida é o henry.

    3. indutancia propia [L]

      Relación entre o fluxo magnético total abranguido por un circuíto eléctrico e a corrente que circula. O seu valor é L = Nφ/I, onde N é o número de espiras; φ, o fluxo dunha espira, e I, a corrente. A unidade de medida é o henry. OBS: Tamén se denomina simplemente indutancia.

Formas incorrectas

inductancia