indoeuropeo -a
indoeuropeo -a
Plural:
indoeuropeos
Masculino:
indoeuropeo
Masculino plural:
indoeuropeos
Feminino:
indoeuropea
Feminino plural:
indoeuropeas
-
adx
Relativo ou pertencente aos indoeuropeos ou á lingua indoeuropea.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo indoeuropeo.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo de orixe indeterminada, malia que algúns autores o consideran orixinario das estepas asiáticas, e que efectuou migracións cara ao Danubio, o val do Rin, o altiplano do Irén, o N da península indostánica, o N de Alemaña, as Illas Británicas, Francia, a Península Ibérica e Italia.
-
s
m
[LING ]
Lingua que se falaba nunha rexión da chaira europea, nas costas do Mar Báltico, val do Danubio e Ucraína, a finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce. Comprende as familias lingüísticas xermánica, celta, báltica, eslava, románica, indoirania, anatolia, o grego e o albanés.