indicador -ra

indicador -ra
Plural: indicadores Masculino: indicador Masculino plural: indicadores Feminino: indicadora Feminino plural: indicadoras
  1. adx

    Que indica ou serve para indicar. Tm s.

  2. s m [METROL ]

    Agulla dun reloxo de sol.

  3. s m [ECON ]

    Cifra ou variable que serve de referencia para obter información sobre o desenvolvemento económico.

  4. s m [QUÍM ]

    Composto químico que se emprega en análise para pór de manifesto, xeralmente por un cambio de cor, o punto de equivalencia das volumetrías.

    1. s [TECNOL ]

      Instrumento para sinalar a presenza ou medir a intensidade dun fenómeno ou unha magnitude físicos.

    2. indicador de nivel / [METROL/FÍS ]

      Dispositivo de funcionamento mecánico ou eléctrico para controlar o nivel do líquido contido nun depósito ou noutro recipiente.

    3. indicador de presión [TECNOL ]

      Dispositivo para determinar o diagrama de presións no interior do cilindro dun motor de explosión en función do percorrido do émbolo.

    4. indicador de sintonía [TECNOL ]

      Dispositivo que se emprega en certos receptores de radio para indicar o punto exacto de sintonía.

  5. indicador bacteriolóxico [ECOL ]

    Bacteria que indica a existencia de polución orgánica ou de microorganismos patóxenos nun medio, xeralmente acuoso.

  6. indicador ecolóxico [ECOL ]

    Organismo que indica a existencia dunhas condicións determinadas de clima, sol, temperatura ou polución, dunha rexión ou hábitat.

  7. indicador físico [FÍS ]

    Parámetro físico para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso.

  8. indicador químico [QUÍM ]

    Parámetro químico para tipificar a existencia de polución dun medio, xeralmente acuoso.