incubación
incubación
lat incubatĭōne
-
-
s
Acción de proporcionar calor aos ovos fecundados para que poidan desenvolverse, ben directamente polo corpo ou ben por medios extracorporais, como enterrando os ovos na area quente ou baixo materia vexetais en descomposición.
-
s
Período durante o que se incuban os ovos.
-
incubación artificial
Método de comunicar aos ovos a calor precisa para o seu desenvolvemento sen intervención animal, xeralmente por medios mecánicos.
-
s
-
s
f
[PAT ]
Tempo transcorrido entre o contaxio dunha enfermidade e a aparición dos primeiros síntomas.
-
s
f
[MED ]
Mantemento dos nenos prematuros nun ambiente artificial (incubadora), ata que son viables.