amina

amina

am-, abreviatura de amoníaco + -ina

Plural: aminas
  1. s f [QUÍM ]

    Composto orgánico que deriva formalmente do amoníaco NH 3 mediante a substitución dun ou máis átomos de hidróxeno por grupos hidrocarbonados R. Son primarias, secundarias ou terciarias, segundo haxa un, dous ou tres hidróxenos substituídos.

  2. amina cerebral [BIOQ ]

    catecolamina.

  3. aminas psicotónicas [QUÍM ]

    Conxunto de psicofármacos que provocan reaccións estimulantes e antinarcóticas sobre o córtex cerebral, especialmente a efedrina e a anfetamina.