impureza

impureza

lat impuritĭa

Plural: impurezas
  1. s f

    Calidade ou condición de impuro.

  2. s f

    Substancia que converte a outra en impura

  3. s f [FÍS ]

    Átomo trivalente ou pentavalente que, disposto convenientemente na estrutura cristalina dun semicondutor intrínseco, o converte en extrínseco (p ou n, respectivamente).

  4. s f [IND ]

    Elemento estraño á matriz metálica incluído nesta como átomo intersticial ou de substitución, ou ben en forma de fase dispersa, nun metal ou aliaxe.

  5. impureza legal [RELIX ]

    Impureza da que se hai que liberar ritualmente se se pretende participar do culto sagrado.

Antónimos

Citas

  • A impureza do aire débese á excesica emisión de gases
  • Eliminaban as impurezas da auga cun filtro de carbono