impulso

impulso

lat impulsu

Plural: impulsos
  1. s m
    1. Acción de impulsar.

    2. [FÍS ]

      Dada unha forza F(t) que actúa sobre unha partícula de masa m durante un intervalo T, magnitude definida pola fórmula I = ?TOF(t)dt.

  2. s m fig

    Forza ou enerxía que move a alguén a facer algo.

  3. s m [FÍS ]

    Sinal eléctrico de duración moi breve de maneira que presenta un aumento, seguido dunha diminución brusca do seu valor.

  4. s m [AERON ]

    Forza producida polos propulsores dunha aeronave ou dun foguete que é a que causa o seu movemento. Mídese en newtons.

  5. s m [FÍS ]

    Forza que ten un sentido oposto ao peso, á que están sometidos os corpos mergullados ou os que flotan nun fluído.

  6. centro de impulso [FÍS ]

    Punto en que se aplica a resultante das forzas de impulso que actúan sobre un corpo.

  7. impulso aerodinámico/dinámico [FÍS ]

    Forza que é a responsable da sustentación dos avións no voo e que intervén, en parte, na dos submarinos e aeróstatos.

  8. impulso/delta de Dirac [MAT/TECNOL/FÍS ]

    Función simbólica δ(x) que permite representar formalmente as transformacións funcionais idénticas como as transformacións integrais.

  9. impulso específico [ASTRON ]

    Impulso mecánico por unidade de peso que se produce por un explosivo propulsor. O impulso específico indica a calidade do propulsor desde un punto de vista enerxético.

Sinónimos

Confrontaciones

arroutada, arrouto

Citas

  • Aqueles consellos foron un bo impulso para que se decidise a actuar
  • Nun dos seus impulsos deulle unha labazada