impresionismo

impresionismo

fr impressionisme

Plural: impresionismos
s m [ARTE/LIT/MÚS ]

Corrente estética iniciada e desenvolvida principalmente en Francia no último cuarto do s XIX que buscaba captar a impresión visual inmediata, desfacendo a diferenciación entre esbozo e obra definitiva, revolucionou os encadres e rompeu a simetría tradicional. Intentaba representar a luz actuando sobre as cores, con pinceladas breves de cores puras.