imperfección

imperfección

lat imperfectĭōne

Plural: imperfeccións
  1. s f

    Calidade de imperfecto.

  2. s f

    Aquilo polo que algo ou alguén non é perfecto.

Sinónimos

Citas

  • A imperfección do seu traballo ocasionou o fracaso do proxecto
  • A súa obra está chea de imperfeccións

Refranes

  • Madeixa enzaramallada, quen te enzaramallou ¿por que non te devana?
  • Madeixa enzaramallada: quen te fiou ¿por que non te ensarillou?
  • Moito e ben non o fai ninguén.
  • Ó mellar escribidor esgállaselle a pluma.
  • O mellor nadador afoga no río.