idealismo

idealismo

ideal + -ismo

Plural: idealismos
    1. s

      Tendencia ou principio fundamental da interpretación filosófica que asigna ás ideas, ao ideal e ao espírito, unha posición dominante no conxunto do ser e reduce a existencia ao pensamento.

    2. idealismo alemán

      Conxunto de pensadores que marcaron a pauta na filosofía alemá entre 1790 e 1850, e que teñen como precedente a I. Kant.

    3. idealismo platónico/realista

      Doutrina de Platón que atribúe ás ideas, modelos perfectos e divinos, unha existencia en si mesmas. Considera que os obxectos do mundo sensible son copias das ideas.

  1. s m
    1. Tendencia a idealizar a realidade.

    2. Tendencia a comportarse máis por ideais que por consideracións prácticas.

    3. [ARTE ]

      Tendencia que afirma que a finalidade da arte é reflectir as esencias ou perfeccións arquetípicas, ten que crear un mundo ideal e non repetir a realidade continxente.

    4. [FILOS ]

      Doutrina moral segundo a que o home ten que obrar por un ideal, que afirma a liberdade contra a necesidade moral e que comporta a aceptación duns principios morais, segundo unha escala de valores, en que o universal destaca sobre o particular.

Antónimos