idade

idade

lat aetāte

Plural: idades
    1. s

      Tempo transcorrido desde que un ser nace.

    2. s

      Cada un dos períodos en que se considera dividida a vida do home.

    3. terceira idade

      Idade en que se entra na vellez. Normalmente considérase a partir dos 65 anos ou da idade de xubilación.

    1. s [DER ]

      Período de existencia da persoa desde o momento do nacemento ata o momento que se toma en consideración. Legalmente, a idade determina a capacidade xurídica e de obrar da persoa, e en España a maioría de idade acádase aos 18 anos.

    2. estrutura por idades [DEMOG ]

      División da poboación en grupos segundo a idade. A estrutura por idades é causa e efecto da evolución xeral da poboación e un dato fundamental para a planificación económica e social. A clasificación máis elemental é a denominada grupos de idade.

    3. idade escolar [EDUC ]

      Idade en que os individuos están legalmente sometidos ás obrigacións escolares.

    4. maior de idade

      Persoa que, ben por aplicación de oficio da lexislación xeral, ben por disposición expresa da autoridade competente en caso de non reunir as condicións requiridas pola lei, ten plena capacidade xurídica para obrar.

    5. menor de idade

      Persoa que, por non acadar a idade mínima esixida pola lexislación, debe permanecer baixo a tutela dun maior.

  1. s f
    1. Cada un dos períodos en que se considera dividida a historia: a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea.

    2. Cada un dos períodos en que a humanidade dividiu tradicionalmente a Prehistoria: a idade de pedra e a idade dos metais.

    3. Período dunha cultura.

  2. s f [MIT ]

    Cada un dos períodos en que os antigos dividían o mundo en orde regresiva: a idade de ouro, a idade de prata, a idade de cobre e a idade de ferro.

  3. s f [ESTRATIG ]

    Unidade xeocronolóxica de rango superior ao crono e inferior á época.

  4. s f [XEOL ]

    Tempo transcorrido desde a formación dun material ou un relevo determinados que se determina polos fósiles atopados nun estrato ou nunha formación determinados.

  5. idade mental [PSIC ]

    Grao de desenvolvemento intelectual dun individuo, xeralmente, dun neno, fixado polos tests de intelixencia, con referencia a un individuo normal de desenvolvemento equivalente.

Citas

  • Noteille moito cambio cando chegou á idade da adolescencia
  • O cadro que herdei ten case un século de idade
  • Ten sesenta anos pero aparenta menos idade, É dificil calcular a idade desta árbore

Frases hechas

  • De certa idade. Apl

  • De idade. Que est

Refranes

  • A idade fai o home amigo da verdade.
  • Anos non me leves; e meses, os que quixeres.
  • Ata os corenta ben paso; despois dos corenta ¡ai, meu brazo! ¡ai, miña perna!.
  • Cada idade quere o seu.
  • Coa idade vén o siso.
  • Médico, vello; avogado, novo.
  • Nin médico mozo nin barbeiro vello.
  • Non hai mozo enfermo nin vello san.
  • O borne aos corenta ou vive ou rebenta.
  • O mozo logo pode morrer pero o vello pouco pode vivir.
  • O que antes nace, antes pace.
  • O que aos vinte non é home e os corenta non é rico ten algo de borrico.

Palabras vecinas

ictus id* ida idade idea ideación ideal