humus

humus

lat humus ‘terra’

Plural: humuses
  1. s m [XEOL ]

    Fracción da materia orgánica do solo que sufriu o proceso de humificación. É de composición variable e heteroxénea, as súas características fisicoquímicas (pH, permeabilidade, porosidade ou textura) son variables e condicionan os usos dos solos.

  2. s m [XEOL ]

    Materia orgánica do solo.

  3. humus cru [XEOL ]

    Materia orgánica case sen descompoñer, de natureza ácida e case sempre fibrosa.