humidade

humidade

lat humidĭtāte

Plural: humidades
  1. s f

    Condición de húmido.

    1. s

      Contido en auga dos alimentos, especialmente o fixado pola lexislación.

    2. humidade relativa do equilibrio

      Humidade relativa en que un alimento (ou outro produto) non gaña nin perde humidade.

    1. s

      Cantidade de vapor de auga que existe na atmosfera e que se mide en gramos de vapor de auga por metro cúbico de aire. OBS: Tamén se denomina humidade absoluta.

    2. humidade específica

      Cociente entre a masa de vapor de auga e a masa de aire húmido.

    3. humidade relativa

      Proporción entre a cantidade de vapor de auga que contén o aire e o máximo que podería conter para acadar a saturación, que se mide en tanto por cen.

Refranes

  • O alcipreste non se rega, porque crece coa lentura.