hórreo

hórreo

(

Plural: hórreos
  1. s m

    Construción, destinada a secar e gardar o millo, composta por unha estrutura cuadrangular con tellado a dúas augas e, separada do chan por columnas que a illan da humidade dos roedores, e cos laterais construídos de tal xeito que permitan a ventilación.

  2. s m [ARQUIT ]

    Almacén ou graneiro da casa romana, realizado xeralmente con grandes compartimentos ou nichos situados ás beiras dun corredor.

Refranes

  • A tulla sen centeo é coma o prado sen rego.
  • Metín O rato no celeiro e fíxose o meu herdeiro.