amenorrea

amenorrea

gr ἀ ‘sen’ + μ ή ν ‘mes’ + ‘ρέω ‘correr, fluír’

Plural: amenorreas
  1. s f [FISIOL/PAT ]

    Falta de fluxo menstrual.

  2. amenorrea hipofisaria [PAT ]

    Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.

  3. amenorrea hipotalámica [PAT ]

    Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.

  4. amenorrea hormonal extragonadal [PAT ]

    Amenorrea producida por unha disfunción da medula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.

  5. amenorrea ovárica [PAT ]

    Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.

  6. amenorrea por causas xerais [PAT ]

    Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición ou anemia.

  7. amenorrea uterina [PAT ]

    Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.

  8. amenorrea vaxinal/criptoamenorrea [PAT ]

    Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.