homólogo -ga
lat homolŏgu gr ὁ μόλογος
-
adx
Que corresponde a outro ou que ten as mesmas características ou funcións que outro.
-
adx
[BIOL ]
Aplícase aos órganos de vexetais e de animais que teñen a mesma orixe embriolóxica, aínda que non teñan necesariamente a mesma forma ou a mesma función.
-
adx
[MAT ]
Aplícase aos elementos conectados por algunha relación, algunha correspondencia ou algunha transformación.
-
-
adx
Aplícase aos compostos que pertencen á mesma serie homóloga.
-
serie homóloga
Serie de compostos que difiren entre eles só no número de grupos metileno e que presentan grupos funcionais idénticos.
-
adx
-
adx
[FÍS ]
Aplícase aos puntos, ás caras ou ás aristas dun cristal que se poden superpoñer aplicando operacións de simetría de primeira especie.
-
adx
[XEN ]
Aplícase ao grupo de cromosomas dunha célula que teñen a mesma información para os mesmos caracteres, aínda que poden estar representados por alelos diferentes.
Citas
- En circunstancias homólogas eles actuarían de forma diferente, O ministro reuniuse co seu homólogo portugués