hitita

hitita

hebr ḥ ittī hitita ẖ attí

Plural: hititas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos hititas ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do pobo hitita.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Pobo indoeuropeo que chegou a Anatolia a comezos do II milenio a C e se estableceu ao S do país dos ẖattis aos que se impuxeron e  finalmente se fundiron con eles. Destacaron por introducir a exportación e o emprego do ferro, xunto coa agricultura, a artesanía e o comercio vinculado ao transporte en caravanas.

  4. s m [LING ]

    Lingua anatolia da familia indoeuropea.