hipocrático -ca
hipocrático -ca
lat Hippocratĭcu
-
adx
Relativo ou petencente a Hipócrates e á súa doutrina.
-
medicina hipocrática
[ANTROP/CULT ]
Sistema médico que forma parte da antiga medicina natural de tipo humoral, que se basea na doutrina dos catro elementos e dos catro humores: a bile negra, a flegma, o sangue e a bile.
-
xuramento hipocrático
[MED ]
Xuramento recollido no Corpus Hippocraticum que se basea nos preceptos de Hipócrates ou da súa escola. Polo seu alto espírito humanista, foi adoptado como guía ética pola profesión médica.