hipertensión
hipertensión
hiper- + tensión
-
s
f
[FÍS ]
Aumento da tensión dun líquido contido nun recipiente fixo, que pode ser por aumento de líquido ou por redución do recipiente.
-
hipertensión arterial
[PAT ]
Aumento da presión normal do sangue das arterias, que pode dar lugar a complicacións orgánicas, especialmente nos ollos, nos riles e no corazón.
-
hipertensión benigna
[PAT ]
Hipertensión esencial que durante moitos anos non produce sintomatoloxía.
-
hipertensión converxente
[PAT ]
Hipertensión que se produce cando a presión sistólica aumenta, proporcionalmente, máis ca a diastólica.
-
hipertensión decapitada
[PAT ]
Descenso da presión sistólica, con mantemento da diastólica, a causa dun fallo do corazón.