hiperbólico -ca
hiperbólico -ca
gr ὑ περβολικός
-
adx
-
Relativo ou pertencente á figura retórica da hipérbole.
-
Que inclúe unha hipérbole.
-
-
adx
-
Relativo ou pertencente á hipérbole.
-
Que ten forma de hipérbole.
-
-
adx
[AERON/MAR ]
Aplícase ao sistema de radionavegación que determina a posición da nave, en función da diferenza de distancia a dous ou máis puntos fixos onde hai emisoras sincronizadas, as que determinan unha rede de hipérboles que permiten fixar a posición.