hilozoísmo

hilozoísmo

hilo- + gr ζω ή ‘vida’ + -ismo’

Plural: hilozoísmos
  1. s m [FILOS ]

    Doutrina filosófica que atribúe ao mundo e á materia o carácter de ser vivo.

  2. s m [LIT ]

    Movemento literario, relacionado co creacionismo e co ultraísmo, que se desenvolveu a partir da década de 1920 ao redor da obra poética de Luís Amado Carballo. A temática e o protagonismo das súas composicións establécense en base á aparición dunha paisaxe rural ou natural con características humanizadoras e cheas de elementos populares.

Palabras vecinas

hilobátido -da hilomorfismo hilota hilozoísmo hime himeneo himenial