hidra
hidra
lat hydra gr áδρία
-
s
f
[ZOOL ]
Cnidiario hidrozoo da familia dos hídridos que pertencen aos xéneros Hydra, Chlorohydra e afíns. Son hidropólipos solitarios, de pequena dimensión, corpo tubular cunha boca no extremo rodeada de tentáculos e no outro extremo un pé para a fixación.
-
s
f
[MIT/HERÁLD ]
Serpe monstruosa da mitoloxía grega con moitas cabezas que, ao ser cortadas, volvían medrar.