híbrido -da

híbrido -da

lat hybrĭda

Plural: híbridos Masculino: híbrido Masculino plural: híbridos Feminino: híbrida Feminino plural: híbridas
  1. adx [XEN ]

    Que provén do cruzamento entre individuos xeneticamente diferentes. Tm s m, referido a ser.

    1. adx

      Que está formado por elementos de diferente orixe. Tm s.

    2. adx [FÍS ]

      Aplícase ao aparato ou circuíto que contén compoñentes de diferente tecnoloxía.

    3. adx [LING ]

      Aplícase á palabra composta formada con elementos que proceden de linguas diferentes. Tm s.

    4. adx [QUÍM ]

      Aplícase ao orbital ou ao composto que sufriu unha hibridación.

    5. híbrido de resonancia [QUÍM ]

      Composto que participa de dúas ou máis estruturas resoantes.

Palabras vecinas

hibridación hibridar hibridismo híbrido -da hibridoma hickory* hicso