heteróptero

heteróptero
Plural: heterópteros
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos heterópteros.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Insecto da orde dos heterópteros.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM ]

    Suborde de insectos da orde hemíptera, coñecidos como chinches; que posúen un aparato bucal picador-chupador, caracterizado principalmente pola transformación en estiletes das maxilas e as mandíbulas, incluídas na cápsula cefálica. As ás posteriores son membranosas, mentres que a parte basal das ás anteriores está endurecida e forma os chamados hemiélitros.