heparina
heparina
Nome científico:
ácido heparínico
Plural:
heparinas
s
f
[QUÍM ]
Mucopolisacárido natural de alto peso molecular, formado por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glucosamina e ácido D-glucurónico. Está presente en tódolos vertebrados e atribúenselle efectos anticoagulantes e antitrombóticos. Por manipulación química ou encimática obtense a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, moi utilizada en medicina.