abrazadeira

abrazadeira

abrazar

Plural: abrazadeiras
  1. s f

    Peza metálica ou doutro material que serve para asegurar ou cinguir algunha cousa.

  2. s f [MÚS ]

    Peza de metal, marfil ou calquera outro material, que serve para asegurar a unión dos elementos de certos instrumentos musicais.

  3. s f [MAR ]

    Barra de aceiro que nas naves de madeira reforza as cadernas.

  4. s f [BÉL ]

    Cada unha das defensas dos antebrazos.

Citas

  • Mercou na ferraxería as abrazadeiras que precisaba
  • No taller cambiáronlle as abrazadeiras para ter boa suspensión
  • Nos estaleiros de Fene empregan unhas abrazadeiras de boa calidade
  • O ferreiro prendeu a ferradura cunha abrazadeira para poder forxala ben
  • O fontaneiro non tiña unha abrazadeira para poder unir as dúas pezas do vertedeiro
  • Os cabaleiros no medievo levaban abrazadeiras para protexer os brazos nas batallas
  • Púxolle unhas abrazadeiras novas para que soase ben o instrumento
  • Rompeulle a abrazadeira do vestido e tivo que cambiar de roupa
  • Suxeitou as cortinas con dúas abrazadeiras aos lados

Palabras vecinas

abrasor abrastol abraxas abrazadeira abrazar abrazo abrebocas