guerra
xerm *werra ‘discordia, pelexa’
-
-
s
[HIST/BÉL ]
Loita armada entre dous ou máis países ou estados, ou entre grupos ou bandos dunha mesma nación.
-
guerra bacteriolóxica/biolóxica
[BÉL ]
Guerra en que se empregan contra o inimigo bacterias, virus, fungos e outros, dispersados co fin de provocar os correspondentes efectos nocivos ou mortais sobre as persoas, gando e plantacións.
-
guerra civil
[POLÍT ]
Guerra entre os cidadáns dun mesmo país ou dun mesmo Estado.
-
guerra espacial/das estrelas
[BÉL ]
Guerra que se desenvolve no espazo exterior á Terra.
-
guerra nuclear/atómica
[BÉL ]
Guerra en que se empregan armas nucleares.
-
guerra privada
[HIST ]
Loita armada, mantida durante a Idade Media, entre señores territoriais, soberanos, cidades ou vilas e que non afectaba á totalidade dun Estado.
-
guerra química
[BÉL ]
Guerra en que se empregan contra o inimigo diversas substancias químicas polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos.
-
guerra relampo
[BÉL ]
Estratexia de guerra (Blitzkrieg) desenvolvida polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, baseada nun avance rápido e sorpresivo de unidades terrestres combinadas co apoio da aviación.
-
guerra santa /
[HIST/RELIX ]
Guerra que se produce por motivos relixiosos, como a ğīhād islámica e as cruzadas cristiás.
-
s
[HIST/BÉL ]
-
s
f
Calquera tipo de loita que se establece entre persoas, animais ou cousas.
-
guerra de prezos
[ECON ]
Competición entre empresas dun mesmo sector para baixar os prezos.
-
industrias de guerra
[IND/BÉL ]
Conxunto de industrias destinadas á produción de armamento.
Citas
- Os rapaces do barrio declaráronse en guerra polo campo de fútbol
Refranes
- A boa guerra fai a boa paz.
- A guerra e a cea, comezándoa, logo se atea.
- Ataque quen queira, que o que é forte espera.
- Ben fala da guerra o que non foi a ela/non vai a ela.
- Ben lle parece a guerra ao que está looxe dela.
- Cando se afia o aceiro gárdase a pluma e o tinteiro.
- Cen anos de guerra e nin un de preitos.
- Cen anos de guerra e non un día de batalla.
- Fala da guerra e líbrate dela.
- Fala da guerra e, se podes, non vaias a ela.
- Ir á guerra e casar, non se debe aconsellar.
- Moitos hai na guerra e non todos están na pelexa.
- Non é o mesmo falar da guerra, que verse neIa.
- Non se debe aconsellar ir á guerra nin casar.
- O mellor da guerra é non estar nela.
- O prudente todo o ten que mirar, antes de armas tomar.
- Quen non sabe o que é a guerra, que vaia a eIa.