grotesco -ca

grotesco -ca
Plural: grotescos Masculino: grotesco Masculino plural: grotescos Feminino: grotesca Feminino plural: grotescas
  1. adx

    Que provoca risa por ridículo ou extravagante.

  2. s m [ARTE ]

    Conxunto de motivos ornamentais que se xeneralizaron desde Italia a partir do s XVI e que constan de elementos arquitectónicos, mesturados con figuras e motivos vexetais estilizados, todo estruturado nunha estudada superposición. Foi moi empregados no Renacemento e no manierismo, e tamén en Flandres, Alemaña e Francia, onde entroncou co rococó do s XVIII.

Palabras vecinas

grosularia grosulariáceo -a grosularita grotesco -ca groto grou groucho