grillón

grillón

cast grillo ‘anel para suxeitar os pés dos presos’

Plural: grillóns
  1. s m

    Peza de ferro en forma de arco, aproximadamente semicircular, que se pecha ao pasar un porlón polos orificios que hai en cada extremo do arco, especialmente os que se empregan para suxeitar os presos.

  2. s m [MAR ]

    Peza de metal, comunmente en forma de U, que atravesa un porlón nos seus extremos e que serve para unir ou afirmar algo, en especial dous anacos de cadea.

  3. s m [MAR ]

    Medida da cadea de fondeo, que ten aproximadamente 90 pés de lonxitude.