gremio

gremio

lat gremĭu

Plural: gremios
  1. s m [HIST ]

    Corporación profesional de artesáns, obrigatoria, exclusiva e privilexiada, recoñecida oficialmente polos poderes públicos, municipais ou reais. Elemento característico da sociedade estamental desde o s XIII ata o s XIX e de carácter  urbano, estaba integrado por mestres, oficiais e aprendices.

  2. s m [DER ]

    Asociación que agrupa empresarios ou industriais dunha mesma rama ou profesión. Ten capacidade para establecer concertos fiscais coa administración.

Palabras vecinas

grelón gremial gremialismo gremio grena greña gres