graza

graza
Plural: grazas
  1. s f
    1. Calidade ou conxunto de calidades que fan atractiva ou agradable a unha persoa ou cousa independentemente da súa beleza.

    2. Habilidade natural ou soltura ao facer algo.

  2. s f
    1. Capacidade ou calidade que ten alguén ou algo para facer rir, divertir ou sorprender.

    2. Aquilo que divirte ou fai rir.

  3. s f

    Calidade de algo que sorprende ou resulta curioso.

    1. s

      Disposición protectora e amigable cara a alguén por parte dunha persoa poderosa.

    2. s [DER ]

      Beneficio especial concedido polo poder público sen compensación directa, outorgado a favor de persoas físicas, xurídicas ou de institucións.

    3. s [DER ]

      Facultade das máis altas maxistraturas do Estado, consistente en conceder o indulto e a amnistía.

    4. edito de graza / [DER/HIST ]

      Proclama coa que se concedía, periodicamente, por parte da Inquisición, un certo tempo para confesar algún acto heterodoxo sen incorrer nas penas previstas, ou con redución destas penas.

    5. prazo de graza [DER ]

      Ampliación do prazo de pago unha vez vencida a débeda.

  4. s f [RELIX ]

    Don ou auxilio sobrenatural de Deus polo que El prepara os homes para ser adoptados como fillos no seu Fillo polo Bautismo, converténdoos en herdeiros da vida eterna.

  5. s f pl

    Testemuño de agradecemento, especialmente feito con palabras.

Formas incorrectas

gracia

Palabras vecinas

graxento -ta graxo -xa graxumada graza grea greba greca