amandi

amandi
Plural: amandis
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao viño de amandi.

  2. s m [ALIM ]

    iño propio da Ribeira Sacra luguesa, integrada polas parroquias de Doade, Amandi, Lobios, Pinol e Santiorxo, no concello de Sober, que se caracteriza por ter unha graduación alcohólica que oscila entre os 10 e os 13 graos, e unha acidez de 5 a 6 de media; que se distingue polo seu padal e bo gusto, así como pola frescura e suavidade, aínda que o tinto é un pouco máis áspero ca o branco.