granuloma

granuloma

gránulo + -oma

Plural: granulomas
  1. s m [PAT ]

    Lesión que se produce por reacción dos tecidos orgánicos diante da presenza dun axente potencialmente nocivo, coa finalidade de illalo e destruílo.

  2. granuloma anular [PAT ]

    Lesión cutánea de nódulos duros e vermellos dispostos en forma de anel.

  3. granuloma venéreo/inguinal [PAT ]

    Enfermidade, causada pola bacteria Calymmatobacterium granulomatiss, que afecta á pel e aos ganglios linfáticos da área xenital e perianal, de transmisión sexual e de carácter crónico e ulceroso.