gránulo

gránulo

lat granŭlu

Plural: gránulos
  1. s m

    Gran pequeno ou partícula.

  2. s m [ASTRON ]

    Cela da granulación da fotosfera solar.

  3. s m
    1. Corpúsculo celular.

    2. Corpúsculo do cloroplasto, máis ou menos cilíndrico, que se constitúe por un conxunto de sacos discoides aplanados, que se forman como prolongación dos tilacoides. Contén a maior parte da clorofila dos cloroplastos.

  4. s m [MED ]

    Pequena pílula que contén de 0,1 a 1 mg de substancia activa, recuberta por unha capa de sacarosa, goma arábiga ou lactosa. Empréganse moito en medicina homeopática.

  5. s m [FISIOL ]

    Partícula intracelular que se tingue especificamente con determinados colorantes.

  6. s m [BIOL ]

    Elemento de forma máis ou menos esférica que se pode observar no interior ou na superficie de células, tecidos ou órganos. Pode ser normal ou patolóxico.