grafo

grafo
Plural: grafos
  1. s m [MAT ]

    Par (C, S) que se constitúe por un conxunto S de elementos e por un conxunto C de liñas que unen os elementos de S, manifestando unha correspondencia de S en si mesma.

  2. grafo dunha función [MAT ]

    Gráfica dunha función.

  3. teoría dos grafos [MAT ]

    Teoría que permite tratar graficamente problemas formalmente complexos, e atopa aplicación en numerosas ramas das matemáticas.