graduación

graduación

lat graduar

Plural: graduacións
  1. s f

    Acción e efecto de graduar ou graduarse.

  2. s f

    Número de graos que ten algo, especialmente as bebidas alcohólicas.

  3. s f [EDUC ]

    Método educativo que agrupa os alumnos en seccións máis ou menos homoxéneas para que todos os seus compoñentes sexan capaces de asimilar as mesmas ensinanzas.

  4. s f [BÉL ]

    Categoría dun militar no exército ao que pertence.

Citas

  • O viño que puxeron na cea tiña moita graduación

Palabras vecinas

gradón graduábel graduable graduación graduado -da graduador gradual